O blog de Gravata

contacontos


Qué busco ?

miércoles, 31 de octubre de 2012

Contos Novembro.
- Domingo 4 ás 18.30. Teatro principal de Pontevedra con Orquestra (entrada 3 €)
- Sábado 10 ás 12 horas. Librería Hobbit, Navia (Vigo)

domingo, 21 de octubre de 2012

Neste mes de outubro temos confirmados tres novos contacontos:

O día 24 no CEIP do Foxo haberá conto para os nenos e nenas do cole.


O día 28 ás 17 horas no Centro cultural Nautilus, de San Andrés de Comesaña


O día 31 en Navia haberá conto para nenos e nenas nunha festa particular de Samaín.



 

sábado, 6 de octubre de 2012

Conto: O coelliño branco


















O rap de O coelliño Branco

 Deixovos a seguir o rap do coelliño branco que cantamos está mañá todos xuntos. Estivo chulisimo!!!! Xa me contaredes se o cantastes na casa!!!

 
O coelliño branco
o caldo vai facer
dúas ou tres coles
a horta foi coller.

(retrouxo)Peta que te peta

               moito hai que petar
               pero a cabra
               non vai marchar.

Anda que te anda
a un boi atopou
do medo que tiña
eu non vou.

(retrouxo)

Anda que te anda
a un can atopou
do medo que tiña
eu non vou.

(retrouxo)

Anda que te anda
a un galo atopou
do medo que tiña
eu non vou.

(retrouxo)

Anda que te anda
a formiga atopou
non tiña ningún medo
eu si que vou.

(retrouxo)

Pica que te pica
Rabiga picou
e desta maneira
a cabra marchou.

(retrouxo)

Graciñas !!

Graciñas a todos e todas os que esta mañá estivestes en Hobbit co coelliño branco. A verdade é moi gratificante ver caras novas escoitando os contos, pero tamén ver caras fieis e habituais é moi bonito.
Grazas aos pais e nais que levan aos nenos e nenas aos contacontos.
Grazas aos nenos e nenas que levan aos pais e nais aos contacontos.
Graciñas por vir a Miguel, Almudena, Estela, Xoel, Lupe, A

mparo, Lucas, Arwen, Adrián, David, Emilia, Antonio, Carla, Sabela, Patri.....(podería seguir un bo rato cos nomes de todos os que viñestes, pero non os sei todos!! así que dádevos por agradecidos!)
Graciñas a todas e cada unha.
Graciñas a todos e cada un.
Graciñas a todos e todas !
Paseino xeniaaaaaaaaaaaaaaal!!
Se queredes vémonos no próximo!!!
Bicos mil !!

martes, 2 de octubre de 2012

Estamos cos últimos preparativos para o contacontos deste sábado ás 12 hoas na Librería Hobbit de Navia. Vémonos o sábado!!