O blog de Gravata

contacontos


Qué busco ?

jueves, 20 de septiembre de 2012

Agora andamos terminando de preparar diferentes cousiñas e sorpresas que temos para o conto de "O coelliño branco" do día 6 de outubro en Hobbit. Pero non quero esquecerme que temos dous proxectos pendentes e que agardamos vexna pronto a luz. Un deles é un contacontos para bebés e outro e un contacontos solidario para recaudar fondos a prol da asociación protectora de animais OJATICAN. Agardamos poder levalos a bo termo pronto!

lunes, 17 de septiembre de 2012

Vindeiro conto



SÁBADO 6 DE OUTUBRO ÁS 12 HORAS
LIBRERÍA HOBBIT. rúa As Teixugueiras 32, Navia (Vigo).
Contaremos un clásico da literatura infantil:
O COELLIÑO BRANCO
O coelliño branco é a adaptación dun conto popular portugués na que un coelliño sae a buscar coles para un caldiño e ao regreso non pode entrar na súa casa porque unha terrible cabuxa ocupou o seu fogar. O pobre coelliño non atopa axuda entre os animais da granxa pois todos eles temen enfrentarse á feroz cabuxa ata que se demostra que a valentía non é cuestión de tamaños...
O coelliño branco é un texto-fórmula que xoga de forma especial coa sonoridade e maila rima, e está concebido tanto para ser lido coma para ser contado.


Comezamos...

Benvid@s ao blog de Gravata, onde tentarei que esteades informados dos diferentes contacontos que fagamos e de diferentes recomendacións de libros, xogos...Agardo contar coa vosa participación que fará deste blog algo dinámico e divertido. Graciñas!! Agardo que vós guste !!